A Noite Curuxeira trátase dun microfestival ao aire libre na aldea de Anido, no concello de Miño. No serán, a partires das 20 horas, dará comezo cun taller culinario a carón da horta de Klaoe, unha asesora gastronómica e chef vegana con más de vinte anos de experiencia e que traballou en cidades coma Nova York, México DF, Paris ou Berlin.
Logo, o encontro trasládase ao xardín dos Guindás, a poucos metros, onde a poeta miñense Lúa Mosquetera ofrecerá un recital. Autora dos poemarios "Rasrás" e "Aunque seas rara y seas pájaro", participou en eventos internacionais como o Kerouac e é cofundadora da marca de moda Nicanora e organizadora do festival miñense Loro Facu.
A chef Klaoe deleitará aos convidados cunha cea baixo as árbores que constará dun menú, elaborado en gran parte, con productos locais das hortas e leiras dos veciños de Anido.
Haberá queimada para quen o desexe.
Como remate, a cantautora Sanny ofrecerá un concerto en acústico. Compositora do EP "Loners Downtown", o seu estilo ten marcadas influencias folk e indie americano.
Por motivos sanitarios as prazas son limitadas e os asistentes deberán traer cadansúa máscara.
O prezo das entradas serán de 28€, cunha consumición incluída durante a cea.